Segue, a un ritmo envexable, a edición de libros anteriores ao século XIX, especialmente literatura clásica e universal, que acolle a editora Rinoceronte no seo da serie “Vétera“, dirixida por Raúl Gómez Pato.
Nesta ocasión tráese para o galego o Libro de emblemas, de Andrea Alciato, con tradución, introdución e notas -verdadeiramente tan interesantes ou máis que o texto traducido- do propio Gómez Pato. Moi recomendable para entender a mentalidade do Renacemento e do Barroco ao tempo que exemplifica a fusión de diversas artes.