Asómase ao Caderno da crítica unha nova obra de Manuel Portas que, baixo o título de Por puntos, resultou galardoada na última edición do Premio Blanco Amor. Presentada como “o retrato -por veces sentimental, por veces traxicómico, outras acedo e corrosivo- dunha realidade próxima e cotiá que endexamais deixa de ser sorprendente” só cómpre darlle, polo de agora, a nosa benvida.