Poeta, narradora e dramaturga, Diana Varela Puñal presenta estes días un novo libro en Laiovento. Trátase do título Diario sen datas dunha aborixe galega, de inequívoca resonancia manuelantoniana, estruturado como un conxunto de textos en prosa, organizados a xeito de diario, que abordan asuntos diversos como son o concepto da identidade -basicamente centrados arredor da galeguidade e o nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico-; a ética -que detecta tantas situacións nas que clama a súa ausencia- e a poesía como “representación da ética e da dignidade”. A mellor das sortes para esta proposta singular de Diana Varela.