Novidade (143): Castelao. Construtor da nación. Tomo I, de Miguel Anxo Seixas Seoane

Castelao-construtor-da-nacion-tomo-IChega, e nunca máis felizmente, ao Caderno da crítica, Castelao. Construtor da nación, o primeiro tomo da biografía que Miguel Anxo Seixas Seoane subscribe das tres previstas. Este volume, editado pola Editorial Galaxia e o Consorcio de Santiago, asedia a vida de Castelao no período que vai desde o seu nacemento, no ano 1886, ata o ano 1930. Máis de mil trescentas páxinas diante das que é difícil non conmoverse, tanto polas dimensións do traballo realizado como por cubrir as expectativas de saber máis do autor rianxeiro, desde o rigor e a exhaustiva documentación, de quen tanto aínda temos que aprender. Beizón por esta publicación, verdeiramente monumental.