Novidade (144): O conto da criada, de Margaret Atwood

unnamed-1-330x510.jpgEnche de alegría Irmás Cartoné o Caderno da crítica coa recepción dunha nova tradución de Margaret Atwood. Trátase  d´O conto da criada, vertido á nosa lingua por Celia Recarey e Carlos Valdés. A célebre distopía na que se inspirou a popular serie televisiva, fala xa en lingua galega. Benvidos Waterford, tía Lydia, Serena e June Osborne/Defred á nosa lingua. Unha novela que chega nun momento inequivocamente oportuno. #benditosexaofroito.