Baía Edicións pon en circulación un novo libro de José Lorenzo Tomé baixo o título de Bergan.
Anunciado pola editorial como unha obra situada “nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte” engádese que “a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos ter sido”.
Benvida esta nova achega do autor guitiricense.