Novidade (150): Infamia, de Ledicia Costas

InfamiaA ductilidade remite á calidade de dútil, isto é, ese material que resulta doado de moldear ou que é susceptible de adoptar diferentes e variadas formas. Non atopo, agora, outro adxectivo para definir  o talento creativo dunha escritora como é Ledicia Costas que escoa con naturalidade e brillantez polos eidos do thriller psicolóxico coma se viñese transitando por este xénero desde sempre. Malia as obrigas profesionais non puiden evitar ler Infamia e non é difícil conxecturar que está destinado a ser un dos grandes éxitos da tempada literaria. Os meus parabéns á autora por esta nova aventura sobre a que escribirei en breve e á editorial polo novo deseño da súa colección narrativa.