VV.AA.
Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio
Hércules de Ediciones, A Coruña, 224 páxinas, 29,50 €
Cómpre saudar a iniciativa que cristalizou na publicación de Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio. Con ela, o centro público homónimo rende un tributo á figura de Manuel Antonio incorporando máis de sesenta colaboracións -ensaios, poemas, fotografías, artes plásticas…-, coordinadas polo profesor Julio Alonso. O resultado é indubidablemente modélico, desde a espléndida cuberta do pintor Antón Pulido ata a coidado traballo de edición. Un libro para ler devagar e gozar, sempre e mais dispois, cos ecos que Manuel Antonio esperta hoxe. Unha honra poder participar nel.