Novidade (151): Sándalo, de María Xosé Porteiro

9788491513193Desde Covardes, publicado en Ir Indo no ano 2001, ata Sándalo, María Xosé Porteiro desevolveu un amplísimo labor creativo noutros eidos como foron o ensaio e o xornalismo, pero non no territorio da novela en lingua galega. Por iso o Caderno da crítica saúda este retorno materializado nunha novela suxestiva e ambiciosa que nos leva de Galicia a Cuba e de Cuba a Galicia nunha viaxe que comezou hai moitos anos e que aínda non concluíu. Novela anunciada como un estímulo “dos sentidos e dos sentimentos”, tras recalar na Feira do Libro de Santiago, presentarase na cidade de Vigo a finais deste mes de maio. Sexa benvida Sándalo: seguiremos o seu arrecendo.