Novidade (152): Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco

XG00285001Eduard Velasco é tradutor do galego ao catalán e do catalán ao galego, autor de varios libros de poesía, de algún relato curto e, agora, novelista.

Os días felices de Benvido Seixas é a súa primeira proposta narrativa de grande alento que, abrazando unha historia de amor, abala polos territorios do cuestionamento dos tópicos da sociedade galega contemporánea, con moito humor e ironía. O Caderno da crítica deséxalle unha moi feliz andaina a esta novela.