Novidade (153): Beleza vermella, de Arantza Portabales

Beleza-vermellaHai algúns anos tiven a fortuna de coñecer a primeira obra narrativa de Arantza Portabales en lingua galega coa que resultara galardoada no Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia baixo o título de Sobrevivindo. Aquela voz autorial gozou dunha merecida proxección con Deixe a súa mensaxe despois do sinal, á que engade estes días Beleza vermella: unha prometedora novela negra dunha autora que sabe moverse con habilidade e brillantez polas esixencias do xénero. Benvida esta Beleza vermella e moita sorte para o seu percorrido.