Novidade (154): Fame, de Knut Hamsun

CUB_fame_webComeza a distribuír estes días Rinoceronte a novela Fame, traducida por Moisés Barcia, do escritor noruegués Knut Hamsun, premio Nobel de Literatura en 1920 e deostado nos últimos anos da súa vida polo apoio que brindou ao réxime nazi.

Fame, publicouse orixinalmente a finais do século XIX e narra en primeira persoa a miseria á que se ve abocado o protagonista, desempregado e sen expectativas. Este artigo de José Andrés Rojo, publicado en El País, resulta clarificador respecto da controvertida figura e da obra literaria de Hamsun, agora en lingua galega.