Novidade (155): Un de nós mente, de Karen M. McManus

mente_web.jpgSushi Books publica Un de nós mente: unha novela da autora norteamericana Karen M. MacManus, en tradución de Moisés Barcia e que se converteu, noutras linguas, nun verdadeiro éxito de vendas. Velaquí o seu argumento segundo fontes editoriais: “Dos cinco estudantes castigados nunha aula dun instituto, só catro saen con vida. Todos os superviventes teñen algo que agochar: Bronwyn, a alumna brillante que nunca rompeu un prato; Addy, a loura superficial; Nate, o traficante a pequena escala; e Cooper, o atleta. Simon, que desenvolveu unha app para móbiles na que divulga rumores sobre os seus compañeiros, morre na aula”. Benvida esta autora e a súa obra á lingua galega.

Abaixo o tráiler da súa edición orixinal: