Chega ao Caderno da crítica a última obra narrativa de X.H. Rivadulla Corcón: Vagabundos, solitarios e sentimentais. Trátase dunha compilación de relatos, con ilustracións de X. Correa Corredoira nunha requintada edición a cargo de figurandorecuerdo(s)edicións e que, por outra parte, inaugura unha serie articulada baixo a rúbrica de M en homenaxe a Maruja Seoane. Sexa benvido.