Celebro a iniciativa de traducir, e publicar, en lingua galega A guerra da Galia, de Gaio Xulio César, nunha edición a cargo de Alfonso Blanco Quintela, responsable dun moi competente limiar que precede a súa tradución anotada.
Un libro desde o que, e non será o meu caso particular senón moi compartido, moitas persoas aprendemos latín e moita historia. Grazas por traelo á nosa lingua.