Novidade (163): Mnemea, de Xosé Duncan

9788491513308Retorna Xosé Duncan á primeira liña da actualidade literaria cunha nova novela. Mnemea articúlase, segundo fontes editoriais, como a historia dun libro “que está por escribir, dunhas páxinas que se resisten a encherse de palabras. A obsesión de Lois Mourinho por rematalo lévao até os confíns da loucura, ao limiar da realidade onde Mnemea o agarda”.

O Caderno da crítica dálle a súa benvida a esta nova obra do escritor de Taragoña. Moitos éxitos.