Novidade (164): El primer loco, de Rosalía de Castro

ElPrimerLocoSegue a ofrecernos Alvarellos Editora verdadeiras alfaias, publicadas con bo criterio e rigor, e neste caso nunha coedición co Consorcio de Santiago. Trátase da edición facsimilar e ilustrada de El primer loco, subtitulada “Cuento extraño” de Rosalía de Castro, cun máis que competente e completo estudo introdutorio a cargo de María do Cebreiro Rábade Villar e Germán Labrador Méndez, sen esquecer unha coidada e expresiva galería gráfica a cargo de Denís Estévez.

Unha inmellorable ocasión para reecontrarnos coa Rosalía narradora, a Rosalía da súa derradeira novela ambientada no Bosque do Banquete de Conxo, que postula a relevancia e a defensa da dignidade humana e da propia natureza. Parabéns por esta iniciativa.