Novidade (169): Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle

w-423_num1_cbmt-001Saúda o Caderno da crítica unha publicación de Retranca Editora, selo dirixido por Kiko da Silva. Trátase de Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle. Traducido por Isabel Soto relata a historia dun español que chega a París á busca de documentación sobre a actriz Jean Seberg e sen apenas decatarse verase enguedellado nunha trama de represión contra pintores latinoamericanos que fuxiron das ditaduras militares dos seus países.

Unha obra exquisitamente editada, que foi premio á Mellor Obra Nacional no Salón do Cómic de Barcelona 2018, a única obra seleccionada nos Premios Internacionais da Banda Deseñada de Angouleme 2019 e premio da Crítica á mellor obra e mellor guión 2018. Reservo, entusiasmado, a lectura para este vindeiro verán.