Engade un novo título Henrique Dacosta á súa xa dilatada traxectoria como narrador. Trátase d´A Rota do Oeste, publicado en Edicións Embora e anunciado pola editorial como “unha trepidante narración chea de intrigas e sorpresas en que, xunto con Ana e Gudmund, a indómita paisaxe islandesa, un mar de tormentas, Ferrol e o Camiño Inglés virán a converterse en verdadeiros protagonistas do
relato”.
Sen dúbida, unha lectura suxestiva para este vindeiro verán e da que o Caderno da Crítica dará cumprida conta. Parabéns ao autor por esta nova novela.