Novidade (173): A outra nai, de Andrej Longo

CUB_Aoutranai_webRinoceronte Editora enrique o seu catálogo con A outra nai, do escritor italiano Andrej Longo. Novela publicada hai tres anos na súa lingua orixinal por Adelphi, fontes editoriais preséntana deste xeito: “Genny ten dezaseis anos e traballa nun bar, xoga ao fútbol e fai o parvo no scooter. Tania ten quince anos, aínda vai ao instituto e dorme nun cuarto con estrelas no teito. A nai de Genny ten corenta anos, pero aparenta máis; pasa o día arranxando pantalóns e de cando en vez bota o tarot. A de Tania é policía e non dubida en empregar a súa arma cando as cousas se complican“. Traducida por Moisés Barcia.