Novidade (177): Os tempos e o clima en Galicia, de Alberto Martí Ezpeleta, Juan José Taboada Hidalgo, Dominic Royé e Xavier Fonseca Blanco

XG00274901Enriquécese a colección Básicos Ciencia de Edicións Xerais co título Os tempos e o clima en Galicia. que chega da man dun grupo de especialistas -científicos, profesores e divulgadores- de experiencia contrastada. Un libro de indubidable interese para coñecer a nosa realidade climática e as súas mutacións e que, ademais, responde a un feixe de preguntas que algún día sempre nos formulamos e que non sempre puidemos contestar axeitadamente.