Novidade (176): Penumbra, de Daniel Landesa

PenumbraFestexa o Caderno da crítica a publicación da primeira novela do escritor vigués Daniel Landesa baixo o título de Penumbra, que foi finalista do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica.

Unha proposta, ao que puiden ver, articulada para un lectorado xuvenil onde se erixe un universo fantástico composto por cinco territorios que compoñen a chamada Terra de Sol, en oposición ao reino de Penumbra. A desaparición dunha sentinela chamada Bryn dará pé a un rodopío de aventuras fantásticas ás que lle desexamos a mellor das sortes posibles.