Novidade (184): As aventuras de Mikołaj Doświadczyński, de Ignacy Krasicki

CUB_As-aventuras-de-Mikolaj_webIncorpora a colección Vétera, de Rinoceronte Editora, un libro relevante como é a tradución dun libro fundacional da novelística polaca titulado As aventuras de Mikołaj Doświadczyński, de Ignacy Krasicki. Esta tradución é, ademais, a primeira versióin que se realiza a unha lingua da península Ibérica e só foi vertida previamente ao alemán, francés, ruso, inglés, italiano e xaponés. A tradución, introdución e notas débense ao traballo de Lúa García Sánchez e habemos encargarnos en breve de dar conta máis amplamente deste volume.