Novidade (185): A virtude de Checchina, de Matilde Serao

cuberta-seraoNova achega da Editorial Hugin e Munin que aborda, grazas ao traballo de Isabel Soto, a tradución do título A Virtude de Checchina, da escritora italiana Matilde Serao. Novela que nos ocupará máis adiante e que, segundo fontes editoriais, desenvolve o seguinte argumento: “Checchina vive sometida ao seu home e entremedias de dous prototipos femininos antagónicos que actúan, respectivamente, como as voces do vicio e da virtude da súa conciencia: Isolina, a muller adúltera, desexosa de amor e aventura e que non ten interese en corrixir a súa conduta, e a beata e arisca criada Susanna. O permanente silencio que arrodea a existencia de Checchina estala ao que se deixa levar pola fantasía, cegada pola posibilidade de vivir unha aventura. Será daquela cando saian á luz os seus pensamentos e arelas máis íntimos”.