Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín

978849121564.jpgEntendo como unha fortuna ter na man esta edición non venal dun dos libros poéticos de maior relevancia na historia da poesía galega contemporánea. O Concello de Redondela ideou realizar esta reedición especial de Estirpe, que conmemora os vinte e cinco anos da súa aparición en Edicións Xerais. Imposible non lembrar a presentación do libro no Auditorio do Areal en Vigo no ano 1994 e a lectura do poema “Miña casiña, meu lar” por parte do autor. Un libro do que sempre se aprende, polo que non pasan os anos e se pasan é para melloralo porque a memoria de nós pervive sempre aí.