Novidade (187): O latexar do barrio, de Tito Pérez

1555105208409latexarA editora Do Peirao publica unha nova obra do escritor coruñés Tito Pérez baixo o título de O latexar do barrio: un conxunto de relatos presentados como “unha fotografía da sociedade galega, fundamentalmente urbana, inmersa no enguedello das súas ansias e das súas coitas. Das privacións e carencias que lle son impostas, con frecuencia autoimpostas, e ás que debe sobrepoñerse para continuar”. Sexan benvidos.