Novidade (190): Soñan os androides con ovellas eléctricas?, de Philip K. Dick

portada ANDROIDES.inddLeo estes días Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle, novela gráfica en que un personaxe le e relé compulsivamente The Man in the High Castle, de Philip K. Dick: unha novela que considera un libro de sinais. Cadra no tempo a aparición, do mesmo autor, dunha tradución á lingua galega -a cargo de Fernando Moreiras- en Faktoría K de Libros de Soñan os androides con ovellas eléctricas? publicada orixinalmente en 1968 e que, ademais, adaptou libremente Ridley Scott no filme Blade Runner.

Un libro de obrigada lectura, considerado un clásico no seu xénero e situado nese gume que separa o natural do artificial nun xogo de espellos case infinito, como tamén o son os seus diferentes fíos discursivos.