Publica unha nova novela Emma Pedreira. Trátase d´As fauces feroces, presentada segundo fontes editoriais como “un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse”. A nosa benvida.