Novidade (194): Camiño de paixóns, de Carlos Meixide

Camiño-de-paixónsA editorial Galaxia publica o primeiro premio de novela “Camiño de Santiago”, que organizou e convocou a “Academia Xacobea” e que recaeu no escritor vilagarcián Carlos Meixide coa novela Camiño de paixóns que, segundo fontes editoriais, “toma o Camiño de Santiago coma un pretexto para explorar a natureza humana a partir de dúas mulleres que, levadas polo azar e pola paixón, farán o Camiño xuntas. Polo medio, un caso de terrorismo internacional inesperado. Unha reflexión tamén sobre o poder do erotismo e das moitas formas do amor”. Benvida a escrita de Meixide unha vez máis.