Continúa Kalandraka poñendo á disposición das persoas interesadas as pezas teatrais do grupo Chévere. Velaquí, nesta ocasión, a obra Citizen que en 2011 recibiu o Premio da Crítica Galicia 2011 e cinco Premios María Casares en 2012. Un texto que xira arredor dun empresario galego do téxtil que consegue unha gran fortuna mais que, como Xron sinala no limiar deste libro, é “unha desculpa para falar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas”. O Caderno da crítica celebra a súa aparición.