Novidade (198): 40 datas que fizeram a História da Galiza, de F. Xavier González, Alberto Lago, Henrique Egea, Maria Rivo e Carlos Velasco

40datas_capa-488x710Pon en circulación Através Editora un libro que repara no conxunto de procesos de carácter histórico de relevancia  para a conformación da nosa realidade identitaria. Dividido en diversos períodos temporais, é este un ensaio que se pode ollar como un manual concibido para salientar as liñas cruciais dunha historia que en tantas ocasións aínda nos é negada. Velaquí operativas reflexións que van desde a creación da provincia da Gallaecia, pasando pola primeira incursión dos viquingos, a revolución irmandiña ou a invasión francesa, até a aparición dos Cantares gallegos, o agrarismo, a reconstrución do movemento obreiro e do nacionalismo galego nos anos sesenta ou o ano 2006 como Ano da Memoria. Moi recomendable.