Irmás Cartoné ofrece un novo e interesante título para este verán. Trátase d´O inferno, do escritor Henri Barbusse, en tradución de Celia Recarey que, segundo fontes editoriais, mestura trazos do naturalismo e decadentismo, ademais de exercer unha marcada influencia en escritores posteriores como Willa Cather, Jorge Luis Borges ou Jean Paul Sartre.