Recibín hoxe un exemplar de Partituras, de Xoán Carlos Domínguez Alberte e Mercedes Queixas. Un libro singular publicado na colección poética “Ventoalto” de Laiovento, cun fantástico corpus de ilustracións a cargo do meu prezado Baldo Ramos, onde dúas voces van sucedéndose, desdobrándose, alternativamente nunha homenaxe confesada á técnica construtiva do joc partit provenzal e que, dalgún xeito, implica unha actualización renovadora e actual do modelo medieval.
Particularmente alégrame moito ter este libro nas mans porque vén da man de dúas persoas que estimo persoal e intelectualmente e porque me honraron ao solicitarme un breve prólogo ad hoc. Laiovento, pola súa parte, incorporou na súa web estas liñas iniciais que titulei “A voz que se desdobra” e que as persoas interesadas poden consultar premendo aquí, onde escribo sobre todo que a lectura deste libro me suscitou e que, agora, pouco me parece, aínda que para min supuña unha satisfacción persoal poder acompañar desde o comezo a viaxe, ou viaxes, deste libro.
O meu desexo, en fin, de máxima fortuna, crítica e de lectorado, para estas Partituras, que gozarán da súa primeira presentación pública na Feira do Libro da Coruña o domingo 11 de agosto.
Les deseo mucho éxito en su presentación, en la feria del libro en la Coruña.