Novidade (201): Guadi Galego. Pola beira da canción, de Pepe Cunha

producto_1215.jpgEmbora pon en distribución estes días un libro singular que repara nas dimensións biográficas e artísticas de Guadi Galego baixo o título Guadi Galego. Pola beira da canción. O seu autor, Pepe Cunha, articula aquí un traballo intenso e documentado sobre a cantante, cun prólogo da xornalista Teresa Cuíñas e un epílogo de Carlos Crespo. A edición, moi coidada esteticamente, brinda unha oportunidade para coñecer mellor a traxectoria dunha das cantantes galegas contemporáneas máis relevantes e, por extensión, unha parte da nosa historia musical máis recente.