Novidade (202): A pequena compaña, de Carlos Labraña

producto_1216.jpgA VII edición do Premio Estornela de Teatro Infantil, que organiza a Fundación Neira Vilas e que correspondeu á peza A pequena compaña, de Carlos Labraña, está xa publicado nunha fermosa proposta a cargo de Edicións Embora, con ilustracións de Óscar Villán.

Carlos Labraña segue a transitar con éxito polo xénero dramático galego, con especial atención a ese espazo tan desatendido como é teatro para as persoas máis novas. Un currículo brillante o de Labraña, ao que agora engade unha nova peza. Parabéns.