Galardoada na primeira edición do Premio Vilar Ponte de Novela que organiza o Concello de Viveiro, Matar o heroe supón o retorno de Adolfo Caamaño como narrador de longo alento tras a súa última novela publicada Cris Canalla publicada hai dez anos.
O Caderno da crítica saúda unha novela en que, segundo fontes editoriais, o “realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único”. Benvida.