Novidade (204): O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, de Clara Campoamor

O-meu-pecado-mortal.-o-voto-femininoContinúa o seu camiño a colección Feminismos da editorial Galaxia. Faino agora coa tradución a cargo de María Reimóndez dun texto clave de Clara Campoamor como é O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, libro publicado orixinalmente en 1936. Esta edición conta, asemade, cunha nota previa a cargo de Blanca Estrella Ruiz Ungo e un prólogo de Celia Pereira Porto. Historia e memoria de mans dadas. Sexa benvido.