Un vento que pasa preséntase como “ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente” e engádese que o seu ton confesional “fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro”. O Caderno da crítica saúda a aparición desta última novela de Alfredo Conde.