Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás

producto_1211.jpgYolanda Castaño

Sementes viaxeiras (ilustracións de Xosé Tomás)

Edicións Embora, Ferrol, 48 páxinas, 14 €, 2019

 

Gustei deste álbum ilustrado de Yolanda Castaño, responsable dos poemas, e de Xosé Tomás, que subscribe o magnífico corpus de ilustracións que integran Sementes viaxeiras, publicado hai pouco tempo por Edicións Embora.

O proxecto nace como o volume inicial do que será unha triloxía sobre migracións. Neste caso, Yolanda Castaño articula unha viaxe -excelente o traballo previo de documentación que se exhibe para moverse con solvencia nestes ámbitos de carácter científico- que fai recalada nos diversos camiños -algúns verdadeiramente sorprendentes e insospeitados- que seguen as sementes para continuar o ciclo da vida pois elas mesmas son, xustamente, as que simbolizan a continuidade da existencia. O reto que asumiu a autora deita uns resultados espléndidos: algo non sempre doado cando ademais conviven no proxecto condicionantes como poden ser os que derivan do público receptor -aínda que non sexa este unicamente un lectorado novo ao meu ver-, e os que se estruturan, talvez, baixo a vontade de espallar contidos vinculados co universo da bioloxía, desde as instancias da amenidade e da poesía.

Sementes viaxeiras encerra un canto, sen dúbida, á biodiversidade, neste caso asociada á perpetuación das especies arbóreas. É tamén unha chamada ao respecto do medio ambiente, á nosa propia conciencia,  erixida desde a palabra e a ilustración. Parabéns.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s