Lobísimo do saco. Tres titiritadas, de Bernardino Graña

Lobisimo-do-saco.jpg

Souben hoxe, polas redes sociais da editorial Galaxia aínda que non o teña na miña man, da publicación de Lobísimo do saco. Tres titiritadas, do gran Bernardino Graña. Para min, e para outras persoas moi próximas no día a día de Bernardino como Alexandre Ripoll, supón unha enorme alegría.

Particularmente este é un libro que leva dando voltas no meu poder desde o ano 2012,  cando o autor de Profecía do mar quixo que preparase unha edición para estas pezas, tempo no que existía un proxecto de publicación en Toxosoutos que, finalmente, se cancelou. Desde aquela ata hoxe pasaron algúns anos e moitas cousas, pero o certo é que estas tres propostas teatrais -dúas delas inencontrables e outra inédita-, non perderon un chisco o seu vigor nin a súa actualidade, como intento explicar nun epílogo que se engade ao texto teatral. Beizón para a editorial Galaxia por acollela no seu catálogo e, estou convencido, ocasión haberá para falar deste Lobísimo do saco máis polo miúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s