Os últimos carballos do Banquete de Conxo (2ª edición)

Capa_Alvarellos_2ªA finais do 2016 ocupábame dun libro suxestivo como era Os últimos carballos do Banquete de Conxo:  unha edición ao coidado de Henrique Alvarellos e que contou coa colaboración de Xurxo Martínez, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada. É indubidable que esta publicación, no seu día, supuxo un revulsivo para termar da memoria da celebración do histórico banquete que puxo as bases, dalgún xeito, do Rexurdimento, mais tamén dese espazo que visitou García Lorca e que marabillou a Rosalía de Castro.

É sempre unha alegría constatar que ensaios divulgativos e informativos coma este gozan do interese do público tal e como testemuña esta segunda edición, ampliada e actualizada, que engade os tres brindes oficiais pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, mais tamén dá noticia doutros brindes, ata agora descoñecidos e clandestinos, ademais dun corpus fotográfico e documental enriquecido.

Parabéns por esta iniciativa que segue tripando os camiños do coñecemento e a divulgación do noso patrimonio cultural, literario e natural.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s