Fina a pirata, de Helena Villar Janeiro

Fina-a-pirataHelena Villar Janeiro

Fina a pirata (ilustracións de Abi Castillo)

Galaxia, Vigo, 40 páxinas, 15,20 €, 2019

 

Reecontrarse coa palabra de Helena Villar Janeiro, sexa no xénero que for, resulta sempre unha experiencia grata e marabillosa, se nesta ocasión se fai coa compaña das excepcionais ilustracións de Abi Castillo para este libro titulado Pirata, non dubido que aínda máis.

Helena Villar Janeiro réndelle, neste álbum ilustrado infantil, un tributo a un deses xogos colectivos practicamente desaparecidos do actual imaxinario lúdico infantil, e paréceme ben que o faga porque entre outros motivos retrata a historia dunha nena que vive nos Ancares, filla dun labrego e carpinteiro, que conta unha historia posible dun accidente fortuíto e como a lectura, a solidariedade das súas amigas, unha actitude positiva do entorno escolar e, sobre todo, a imaxinación e o xogo poden sempre axudar a restablecer a normalidade e o optimismo porque si, é posible, nos Ancares tamén pode haber un mar azul e escintilante, mesmo un barco chamado Boisán I. E recórdanos a autor que o xogo tamén serve para aprender a vivir.

2 Comments

Os comentarios están pechados.