Antologia da poesia em galego, Ricardo Carvalho Calero

AntologiaCC_capa-488x710Ricardo Carvalho Calero

Antologia da poesia em galego

Através Editora, Santiago, 239 páxinas, 15 €

 

Todo convida a pensar que este vindeiro 2020 será un ano pródigo en publicacións de e sobre Ricardo Carvalho Calero en virtude do que vai aparecendo nestes últimos meses de 2019.

Neste sentido cómpre saudar a aparición desta antoloxía da que se responsabiliza Paulo Fernández Mirás e que se estrutura baixo a vontade de ofrecer nun único volume unha escolma da totalidade da obra poética do profesor ferrolán que achega, con tino, “fragmentos da sua vida feitos poesia”, incorporando deste xeito mostras literarias que resultan operativas para deseñar vivencias e experiencias (auto)biográficas que ficaron rexistradas nese seu longo camiño poético que vai desde Vieiros (1931) até Reticências… (1990), pasando por libros como Anjo de terra (1950), publicado na colección Benito Soto, este mesmo ano de aniversario, Saltério de Fingoi ou Cantigas de amigo e outros poemas.

Prologado pola profesora e poeta Carmen Blanco, que ofrece claves interpretativas da poética de Carvalho Calero e das súas diferentes dimensións moi a ter en conta para entender cabalmente a totalidade do seu percorrido creativo e vital, é este un libro de inestimable utilidade para reecontrarnos coa necesaria voz de Carvalho. Parabéns pola iniciativa.