Zorionak, Atxaga!

Nunha conferencia, no pazo de Mugartegui, en maio de 2014, véspera do seu nomeamento como Escritor Galego Universal. Con Antía Otero, Mercedes Queixas, Cesáreo S. Iglesias e Marta Dacosta.

Un whatsapp dun familiar anunciábame, á mañá, que o galardón do Premio Nacional das Letras recaera en Bernardo Axtaga. Alegroume o resto do día. Ao meu ver, talvez non sexa obxectivo, pero se algunha voz hai, malia que non escriba en lingua galega, que merecería formar parte dos escritores de nós pola querenza indisimulada que sempre lle prestou ao noso país e á nosa literatura e por animar a tradución das máis das súas obras literarias ao galego se cadra esa sexa a de Bernardo Atxaga.

A circunstancia de traducir, anos atrás, algúns libros de Atxaga á lingua galega en Xerais e Kalandraka, o nomeamento como Escritor Galego Universal que lle adxudicou oportunamente a AELG e algún outro acto, fixeron posible algúns encontros persoais de perdurable memoria. Hoxe, desde este blog, ao que sempre brindou a súa simpatía, estendo os meus parabéns e o meu recoñecemento ao escritor de Asteasu. Zorionak!