Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero), edición de Pilar Pallarés

IMG_20191117_185426Non adoito frecuentar as librarías de vello pero, de cando en vez, é bo deixarse pasar por algunha delas e non resulta difícil dar con algunha sorpresa. Hai un par de semanas encontrei un exemplar de Fillo de Eva, unha antoloxía de oitenta e oito poemas de Ricardo Carvalho Calero que vira a luz na Colección Esquío de Poesía no ano 1992, de maneira que constituía, se non estou errado, a primeira antoloxía que viu a luz tras a morte de Carvalho Calero, acontecida daquela tan só dous anos atrás.

Se ben xa apareceron outras escolmas hai pouco tempo, a presente encerra o valor de que estaba subscrita baixo a responsabilidade de Pilar Pallarés quen, alén de seleccionar os poemas desde Vieiros (1931) até Reticências… (1986-1989) e anotalos luminosamente,  incorpora un estudo preliminar verdadeiramente brillante. Calquera pode confirmar, así, a profusa documentación manexada e o carácter sistemático e definitivo das súas lecturas e valoracións. Ao meu ver é esta aínda unha das grandes análises críticas publicadas arredor da poesía do escritor ferrolán. Alégrome ter chegado a ela aínda que fose tantos anos despois da súa publicación e dunha maneira casual.

2 Comments

  1. Boa noite, caro Ramón, na verdade, as anotações a rodapé são mais bem fracas, como me tem comentado a autora pessoalmente. A introdução está bem, mas ela tem aprofundado muito mais na sua poesia (ia fazer a sua tese de doutoramente sobre este tema, mas finalmente abandonou por ter outros projetos e por mor da sua doença, que suponho que conhecerás). Eu estou a aprofundar na poesia de pré-guerra carvalhiana e subirei à rede o trabalho antes de findar este ano, por se estiveres interessado. Por certo, obrigado por teres comentado a minha antologia por estes lares.

    Cumprimentos,

    Paulo F.M.

    1. Boa noite, Paulo. Obrigado polo teu comentario. As notas a rodapé, aínda así, creo que son interesantes e suxestivas…, mágoa que non levase a cabo ese proxecto. Estarei atento aos teus contributos e grazas a ti polo teu traballo. Un saúdo.

Os comentarios están pechados.