Benvido “Cuarto de inverno”

logo--footer.pngFai estes días a súa presentación un novo selo editorial baixo o nome de “Cuarto de inverno” que se articula baixo estes presupostos:

Cuarto de Inverno é unha editorial independente con sede na Galiza, mais os seus libros son libres de voar aló onde queiran.

Publicamos libros porque gostamos deles, mais tamén axudamos a escribilos, a corrixilos, a deseñalos,…

Gústannos novidosos e arriscados, riquiños e coidados, afoutos e combativos e na súa totalidade: desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón.

Os libros que editamos implican unha actitude e un posicionamento vital; un xeito, o noso, de ver o mundo e de estarmos nel.

As dúas primeiras mostras editoriais, ben atractivas e editadas con pulcritude,  son os títulos Be Water, de Antía Yáñez e irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustrado por María Montes, finalista do I Premio María Victoria Moreno. A nosa benvida máis afectuosa e moita sorte no camiño por percorrer.

1575215922471water (1)5yFiX0LG8hvdtoFOvRT8PO6Z5Gbqu3SpmUC69SMQ