Ola! Son un bicho bóla!!, de Elvira Ribeiro e Noe González

ola-son-un-bicho-bolaElvira Ribeiro Tobío

Ola! Son un bicho bóla (ilustracións de Noe González)

Apiario, A Coruña, 28 pp., 16 €, 2019

 

Imposible non ler cun sorriso esta última achega publicada por Apiario para as máis pequenas e pequenos da casa. Elvira Ribeiro -como narradora- e Noe González -como ilustradora- desenvolven unha historia atractiva tanto desde o punto visual como discursivo ao apoiarse nun modelo de carácter acumulativo que se inspira nese imaxinativo achado que é o concepto de “bicho bóla”, isto é, animais -e non só porque aquí tamén xoga a fantasía- que son quen de enrodelarse en si mesmos á vontade.

E así como a autora é quen de achegarnos ao mundo da natureza mais tamén aos espazos interiores de carácter doméstico e faino axudándose do humor e da claridade expresiva. Desde unha atalaia onde o relevante é o respecto á diferenza, non se esquece tampouco incorporar un perfil singular de cada un dos personaxes aínda que todos se caractericen pola simpatía, a xenerosidade e por unha actitude aberta e solidaria, sempre inclusiva. Sospeito que vai haber moitos fans deste club  “Bichos bóla around the world”! Aquí un deles.