Nun novo aniversario de Celso Emilio Ferreiro: unha fotografía e un texto de R. Sánchez Ocaña

IMG_20200103_191904.jpg

Un novo aniversario de Celso Emilio Ferreiro sorpréndeme traballando, precisamente, nalgúns proxectos vinculados coa súa figura. Como adoito deixar, nesta data e neste blog, algunha referencia pouco divulgada e vinculada co autor, nesta ocasión incorporo unha foto que se reproduciu nas páxinas de La Región, o 11 de maio de 1979, e que ilustrou a crónica da presentación da reedición de Fírgoas, do poeta ourensán Manuel Luís Acuña, celebrada no Liceo ourensán e que xuntou ao pintor Manuel Prego, impulsor daquela reedición, a López Cid, Eduardo Blanco-Amor e ao propio Celso Emilio.

Abaixo, e correspondente á primeira páxina do número do 7 de setembro de 1979 da revista Tribuna médica, en que Celso Emilio traballaba como redactor, un artigo do seu director, Ramón Sánchez Ocaña, onde refire unha anécdota substanciosa arredor da imposición lingüística que tamén viviu Celso Emilio autor sendo neno.

IMG_20200103_192406.jpg