A miña escolla en “Vinte libros para os últimos vinte anos”

cJvuKOzQHai algún tempo Berta Dávila convidoume a participar na escolla dos vinte títulos que, ao meu xuízo, podería salientar entre os publicados nos últimos vinte anos. Exercicio difícil ao que accedín porque sempre é de agradecer a posta en marcha de proxectos que visibilizan a saúde do noso sistema literario.

Onte apareceu publicado en Vinte ese longo artigo onde se reproduce tanto a listaxe final, como diversas apreciacións sobre os resultados e as escollas particulares das corenta persoas que participamos. Deixo aquí as preferencias persoais que reflectín naquel momento -que talvez agora xa sería outras, aínda que semellantes- e que se guiaron polo criterio de non reiterar o título de ningunha autora ou autor e de ofrecer a miña preferencia por títulos de narrativa, poesía e teatro (sentín non incluír algún ensaio pero non se contemplaba esta posibilidade no proxecto),  sen ter en conta a data da súa publicación. Grazas a Berta Dávila e María Yáñez por esta iniciativa e por contar coas miñas opinións.