Cuestionario Proust: Antía Yáñez

 

_MG_2153

Antía Yáñez

Fotografía da imaxe destacada e desta entrada: @stillpablou

1.– Principal trazo do seu  carácter?

– Obsesiva.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– Que me fagan rir.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Que estean nas boas e nas malas.

4.– A súa principal eiva?

– A pouca paciencia.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Ler (e durmir, non necesariamente nesa orde).

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Ter a miña propia biblioteca. Levo desde os 12-14 intentando crear o meu propio índice bibliográfico (algún día…).

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Non ser capaz de valerme por min mesma (en todos os ámbitos: o físico, o psicolóxico, o económico…).

8.– Que lle gustaría ser?

-Estudante de Hogwarts (pasóuseme o arroz).

9.– En que país desexaría vivir?

-Nun onde o verán non pase dos 27 graos nunca.

10.– A súa cor favorita?

-Augamariña.

11.– A flor que máis lle gusta?

-As calas… aínda que non son moito de flores.

12.– O paxaro que prefire?

-Tampouco son moito de paxaros. As gaivotas, porque me lembran Burela.

13.– A súa devoción na prosa?

-Demasiadas/os para quedarme con un/unha só. Sería inxusto.

14.– E na poesía?

-A poesía é unha asignatura pendente, pero A lista da compra da viúva de Emma Pedreira foi unha grande introdución á mesma.

15.- Un libro?

-Un só? Imposible.

16.– Un heroe de ficción?

-Se se poden considerar heroes, Mortadelo e Filemón.

17.– Unha heroína?

-A primeira que coñecín foi Juana de Arco. Algo relixiosa de máis para o meu gusto.

18.– A súa música favorita?

-En xeral, o pop.

19.– Na pintura?

-Non gasto diso.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Hoxe en día non sabería dicirche. Admiro a moita xente, sobre todo mulleres, pero heroínas…

21.– O seu nome favorito?

-Antía, Alba, Aroa, Area, Antón, Anxo… sinto especial predilección polo A.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-Que me mintan, pero supoño que iso non é un hábito (sabelo non o sei, claro, por razóns evidentes).

23.– O que máis odia?

-Non ter razón (e case nunca a teño).

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Franco.

25.– Un feito militar que admire?

-En todo caso, as misións de paz. Son militares?

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Volverse invisible pode considerarse un “don natural”?

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

-Sen sufrimento. Téñolle pánico ao sufrimento.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Exaltada.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-A ignorancia, pero só nas persoas que non teñen ou tiveron medios para paliar ese defecto.

30.– Un lema na súa vida?

-Non fagas o que non che gustaría que che fixesen.